Este ano o homenaxeado é Xose María Díaz Castro. Os alumnos de 6º de Primaria falaron da súa vida e a súa importancia na literatura galega, os alumnos de 5º y 4º recitaron uns poemas e os nenos de 1º e 2º cantaron unha canción da tradición galega chamada "amoriños collín".
Para finalizar o acto cantamos todos xuntos o himno galego.
Aquí os deixamos un dos poemas máis salientables de Díaz Castro.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario