Visita nuestra página web

Secciones

viernes, 16 de mayo de 2014

Feliz día das letras galega

Pin It
Hoxe festexamos no Colexio Atalaya Cantabria o día das letras galegas.


Este ano o homenaxeado é Xose María Díaz Castro. Os alumnos de 6º de Primaria falaron da súa vida e a súa importancia na literatura galega, os alumnos de 5º y 4º recitaron uns poemas e os nenos de 1º e 2º cantaron unha canción da tradición galega chamada "amoriños collín".

Para finalizar o acto cantamos todos xuntos o himno galego.

Aquí os deixamos un dos poemas máis salientables de Díaz Castro.

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

No hay comentarios:

Publicar un comentario